“Danzar o camiño” é unha programación descentralizada de Danza Contemporánea en todo o territorio de Galicia, Camiños de Santiago e as suas variantes, para espazos convencionais e nón, e tanto interiores como exteriores dos Concellos Galegos. O obxectivo deste ciclo itinerante é, a través do corpo e o movemento, reinterpretar e transformar estes lugares singulares na nosa historia e memoria colectiva, ao tempo que achegar unha programación cultural de calidade e descentralizada.
Posúe un mapa aberto para xerar unha difusión conxunta das pezas representadas no festival, co obxetivo de conectar e construír redes de intercambio con outros ciclos e festivais de Danza nos espazos públicos patrimoniais de Europa. Cada un dos espectáculos será gravado e documentado para xeorrefencialo nesta web e espallalo polas redes.